Co I Gran Premio Ciclista das Festas do Monte Santa Trega darán comezo ás festas máis esperadas da Guarda
Terá lugar o sábado 3 de agosto, a partir das 15:00 horas cun recorrido urbano de 1,1 km. A zona da Sangriña será a gran protagonista, pois alí instalarase a o punto de saída e de meta.
O alcalde e membros do goberno municipal de A Guarda, na presentación do I Gran Premio Ciclista Festas do Monte
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
As Festas do Monte Santa Trega, 2024 recuperan once anos despois a proba ciclista para arrancar a semana chea de celebración, festa, tradición e tamén moitas actividades e deporte.
O I Gran Premio Ciclista Festas do Monte terá lugar o sábado 3 de agosto, a partir das 15:00 horas, cun recorrido urbano de 1,1 km. A zona da Sangriña será a gran protagonista, pois alí instalarase a o punto de saída e de meta.
Ademais, o circuíto dará a volta ás instalacións da Sangriña ata o Centro de Saúde de A Guarda. Hai diferentes categorías que se sucederán ao longo da tarde: promesas, principiantes, alevíns, infantís cadete, júniors, féminas e máster.
O I Gran Premio Ciclista xa conta con máis de 150 inscritos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario