13 de xul. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA, PULVERIZOU OS RÉCORDS EN 1.000 METROS LISOS AO AIRE LIBRE

Nas categorías Sub18, Sub20 e Sub23 e mellor marca mundial do ano Sub18


Álex Sierpes Pereira

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

  Na IX Festa do Atletismo Galego, disputada en Pontevedra, Álex Sierpes Pereira, que competíu nos 1.000 metros lisos ao aire libre,  parou o crono en 2´24"02, cun valor na táboa húngara de 989 puntos. Dese xeito o corredor da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) pulverizou os récords galegos de Sub18, Sub20 e Sub23 e mellor marca mundial do ano Sub18, sendo atleta de primeiro ano na categoría. 

 Con este rexistro Álex Sierpes Pereira leva por diante os míticos 2´27"74 que establecera no seu día, o atleta céltico Manuel Carrera Nogueira naquel lonxano 1967, en idade xuvenil. Ao mesmo tempo arrebata tamén o récord júnior e promesa que establecera ata o día de onte o atleta pontevedrés Hugo García Souto con 2´29"54, en Sub20 e 2´28"23 en Sub23. 

 Con estes rexistros Álex Sierpes, é o atleta galego máis rápido de todos os tempos nas tres categorías nomeadas, acumulando máis dunha vintena de plusmarcas galegas que posúe actualmente en todas as categorías, pechando a tempada nun gran estado de forma.

 Álex púese ás ordes dos seus pais Javier Sierpes e Patricia Pereira, na Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) nas proximidades dos tres concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. 

 Agradecementos a HOKA, Río Tollo, Distelgroup (Grupo Ledvigo S.L.), Milar (O Rosal), Litosport, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Tomiño, Subministracións Navais Socorro, á súa podóloga Natalía García Brión, socios individuais e todos os comerciantes de A Guarda. 

 Dedicámoslle esta proeza!

Ningún comentario:

Publicar un comentario