13 de xul. de 2024

A GUARDA

A pantalla xigante para ver a Eurocopa instalarase  na carpa do porto




Infogauda / A Guarda

 Ainda que inicialmente, a previsión era noutra ubicación, o Concello da Guarda fixo público que instalará a pantalla xigante para ver a final da Eurocopa este domingo na carpa do porto.   

 O cambio de ubicación débese aos prognósticos meteorolóxicos que anuncian chuvia xa para as horas previas do partido. A conexión comezará ás 20:00 horas. 

O Concello de A Guarda sofre unha acción de pirataría en Instagram   

 O Concello da Guarda quere informar de que a súa conta de Instagram sufriu este mediodía unha acción de pirataría, e polo tanto, o usuario @concellodaguarda non aparece nesta aplicación.  

 Tanto se se recupera a conta coma se se crea unha nova, será comunicado tamén a través dos medios de comunicación locais. Polo momento, a cidadanía pódese informar a través da web do Concello ou na conta de Facebook, onde si continúa a información, aínda que non haberá máis actualizacións ata volver a coordinar as dúas redes sociais.  

 Perdón polos inconvintes que poida supoñer e agardamos pronto volver á actividade habitual.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario