“Eurocidade da Foz do Minho” é um trabalho em progresso
Os alcaldes de A Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para avanzar sobre a futura cooperación transfronteiriza
Foto:C.M.C.
Infogauda / Caminha
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Miguel Rio Tinto Lages (Caminha), Roberto José Álvarez Carrero (A Guarda) e Ánxela Fernández Callís (O Rosal), tiveron oportunidade de debater algunhas das prioridades deste novo organismo, que ten por obxectivo estabelecer sinerxías e fortalecer os lazos entre as comunidades, con vista ao desenvolvemento dos municipios e da rexión.
“A Eurocidade resulta das ganas da alcaldesa e dos alcaldes, mais sobre todo do que é a nosa interpretación do interese das nosas poboacións, que de feito é moi claro: hai unha gran proximidade, culturas compartidas e temos a certeza de que xuntos somos máis fortes. Debemos, como políticos, transformar estas ganas e esta proximidade en ferramentas realmente capaces de unir os nosos territorios. Os municipios pediran a Eurocidade e é nela na que estamos a traballar en continuo”, explican os tres alcaldes.
“Este é verdadeiramente un traballo en progreso, que ten xa unha base bastante forte, mais que estamos verdadeiramente a iniciar, nesta nova fase, e que terá sempre novas etapas, porque hai moito camiño a percorrer. Hai traballo que vai ser máis visíbel, que terá resultados tanxible, outro é menos visíbel, mais nin por iso menos importante ou consecuente. Esta reunión foi moi ben, fixemos progresos e estamos todos apostando por isto e moi optimistas”, afirmaron os tres rexedores, nun comunicado feito público este venres 26 de xullo de 2024.
Recórdese que a creación da “Eurocidade da Foz do Miño” mereceu, a mediados de xuño último, a aprobación unánime do Executivo caminhense, sendo confirmada a seguir pola Asemblea Municipal.
Na altura foi tamén aprobada unha “Declaración de Interese para a Creación da “Eurocidade da Foz do Miño”, onde se defende a importancia da cooperación transfronteiriza mentres un instrumento válido para alcanzar unha maior unidade entre cidadáns europeos, capaz de facilitar proxectos e accións que teñan efectiva incidencia entre Caminha, A Guarda e O Rosal, para o desenvolvemento dos tres municipios e o consecuente beneficio que iso traerá aos seus habitantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario