26 de xul. de 2024

A GUARDA

IV Open de Petanca Concello de A Guarda 2024  

Celebrarase este sábado 27 de xullo, ao longo de todo o día, nas pistas de petanca O Caldeiro, de Camposancos


Membros do goberno municipal do Concello de A Guarda e do Club de Petanca O Caldeiro, no acto de presentación do IV Open Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
  

Infogauda / A Guarda 

 O Club de Petanca O Caldeiro organiza, en colaboración co Concello de A Guarda, o IV Open Concello de A Guarda. Durante todo o sábado 27, nas pistas de petanca O Caldeiro, de Camposancos (A Guarda) disputarase este torneo para atopar á nova tripleta gañadora.  



 En total, máis de 100 xogadores de toda Galicia participarán nesta proba, pertencentes a diferentes categorías desde sénior ata sub-23 e xuvenil. 

 A final disputarase ás 19:30 horas e a entrega de premios será ás 20:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario