DÚAS MIRADAS Á ARTE
EXPOSICIÓN DOS PINTORES CAÍNO E CARLOS PADÍN
• Do 1 ao 15 de agosto de 2024, no multiusos (antigo mercado), de Sabarís
Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona
Dous pintores - Caíno Vasconcellos e Carlos Padín -, con cadanseu estilo, inspiración e preferencias temáticas, é o que motiva Dos miradas al arte, título xenérico da exposición conxunta que acolle o multiusos (antigo mercado) de Sabarís.
Esas Dúas miradas á arte amosan arredor dunhas 70 obras pintadas ao óleo sobre lenzo e tamén sobre cartolina.
Os motivos elexidos por cada artista son os característicos de cada un deles. En todo caso, nas súas respectivas obras está a atmosfera, a luminosidade e a maxia de Baiona e súa contorna. Están tamén esas figuras de antano coas súas facianas e mans que reflicten o esforzo pola subsistencia cotiá. E coma contrapunto, os nenos da Ribeira baionesa coas súas olladas sinxelas.
Son días de festa e de lecer. Caíno e Carlos Padín souberon captar a ledicia popular da nosa xente, no día do padroeiro da freguesía e nas romarías tradicionais.
E o carrusel ateigado de rapaces e de mocidade, xirando na noitiña, entre luces de cores e as olladas das nais que agardan polos seus nenos á beira dos cabaliños que brincan no terreiro.
Dúas miradas á arte é unha boa motivación para achegarnos á obra de dous pintores recoñecidos e con amplos ronseis de exposicións ao longo das súas respectivas traxectorias.
Dos miradas al arte
Do 1 ao 15 de agosto de 2024
No multiusos (antigo mercado) de Sabarís
Horarios: luns, sábados e domingos, de 11:00 a 14 horas.
Tardes: de luns a domingos, de 19:00 a 22:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario