O Monte Santa Trega vai acoller a presentación dos Concertos ás beiras do Miño
Este mércores, 24 de xullo, ás 10:00 horas, na Casa Forestal, do Monte Santa Trega
Infogauda / A Guarda
A Orquesta Clásica de Vigo celebra o seu corenta aniversario cunha serie de concertos ás beiras do río Miño. Estes concertos percorrerán tanto a parte galega como a portuguesa, sendo o primeiro concerto en Melgaço; despois en Oia, Salvaterra de Miño, Vila Nova de Cerveira e A Guarda.
Por ese motivo, o Monte Santa Trega vai acoller a presentación dos Concertos ás beiras do Miño. Será este mércores, 24 de xullo, ás 10:00 horas, na Casa Forestal, do Monte Santa Trega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario