A Guarda instalará un aseo público autolimpiable e mellorará os seus recursos turísticos dixitais grazas a unha achega de 60.000 euros da Xunta de Galicia
As melloras serán posibles grazas ás subvencións de Turismo de Galicia a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego
Infogauda / A Guarda
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de A Guarda con motivo das subvencións de Turismo de Galicia a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego.
Así, o delegado territorial comprobou os resultados da subvención outorgado o pasado 2023 que permitiu ao concello engadir unha serie de recursos dixitais como mapas turísticos á súa páxina web. Ademais, Reguera, acompañado polo alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, aproveitou para anunciar as actuacións que se levarán a cabo grazas á convocatoria deste 2024.
Neste sentido o concello seguirá apostando pola mellora dos recursos dixitais, cunha recreación virtual do castro do monte Santa Trega, así como do porto pesqueiro e da Fortaleza de Santa Cruz. Ademais, a axuda de Turismo de Galicia permitirá instalar un aseo autolimpiable na rúa Manuel Álvarez, moi preto da praza Avelino Vicente.
Estas actuación, nas que a Xunta investirá un total de 60.000 euros permitirán ofrecer novos servizos aos turistas que visiten A Guarda, así como aos veciños e veciñas que queiran coñecer máis sobre o seu concello.
A convocatoria deste ano contou cun orzamento de máis de 2.7 millóns de euros,dos cales máis de 320.000 corresponden a oito concellos da área territorial de Pontevedra. Entre eles, ademais do concello de A Guarda, atópase o concello de Sanxenxo que suma 128.000 euros de axudas; o concello de Marín, con 39.100 euros; o concello de Vilaboa, con 16.117 euros; e o de Vilanova de Arousa, con 80.000 euros.
Trátase da segunda convocatoria da liña de axudas para levar a cabo acciones de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.
Reguera rematou a visita lembrando a importancia de continuar colaborando cos concellos para “potenciar un recurso económico e social tan importante como o turismo” e destacou o compromiso da Xunta cun “turismo máis desestacionalizado e descentralizado”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario