‘Mar de blues’ converterá A Guarda no epicentro mundial do blues
O festival celebrarase o 19 e 20 de xullo, na praza do Reló
Infogauda / A Guarda
“Mar de blues” vai celebrar a súa cuarta edición con máis artistas internacionais. O concello de A Guarda xunto a Deputación de Pontevedra, en colaboración con Mais que Blues-Onme e Cervezas Alhambra volverán facer da vila do Trega lugar de peregrinaxe e de encontro para todos os amantes da música.
O festival celebrarase o 19 e 20 de xullo na praza do Reló. O venres 19, a partir das 21:30 horas, a música estará a cargo de David L.H. e da Minnemann Blues Band.
O sábado, ás 12:30 horas, haberá unha sesión vermut amenizada polos galegos The Blues Moonshiners & friends. Eles tamén actuarán esa noite, na que tamén veremos no escenario a Little Orange e Dorrey Lin Lyles & Marcos Coll Band.
Deste xeito, “Mar de blues” consolídase como un festival de referencia no mundo do Soul&Blues.
Sobre os artistas
David L.H.
É un xove músico da Coruña que sinte gran paixón polo grandes solitarios do Blues. El e a súa guitarra deleitarannos na Guarda.
Minnemann Blues Band
Este alemán mudouse aos 18 anos a Portugal e tras unha estapa con Rui Veloso, pai do rock portugués, inclínase cara o blues, fundando a súa banda coa que leva máis de 40 anos sendo un dos grandes pioneiros do xénero no país veciño.
The Blues Moonshiners
Esta banda destaca pola súa mestura de Blues tradicional, folk e country blues.
Little Orange
Sergio Laranjo escoitou blues dende neno e sentiuse hipnotizado por ela. O seu show é unha viaxe entre o pasado e o presente, onde a memoria de grandes do Hill Country Blues.
Dorrey Lin Lyles
Enérxica e carismática como poucas, Dorrey é dende 2007 membro permanente dos “The Very Best of Black Gospel”, aparte de colaborar con numerosos proxectos musicais. Na Guarda estará xunto a Marcos Coll Band. Xuntos combinan a perfección todas a súas influencias musicais nunha mestura explosiva de jazz, gospel, blues&soul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario