As Rutas de Natureza proseguen este domingo cun roteiro pola senda do río Tripes
Para participar na ruta é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Tui, en turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05
Infogauda / Tui
Este domingo, 16 de xuño, proseguen as Rutas de Natureza organizadas polo Concello de Tui cun percorrido pola senda dos muíños do Tripes. O punto de partida será a área recreativa de Circos, en Pazos de Reis, ás 10 h.
Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio, guiará este percorrido circular de 5 quilómetros e dificultade baixa. As persoas asistentes poderán percorrer esta contorna natural do río Tripes e visitando os muíños do Tripes, un conxunto de muíños hidráulicos de gran valor patrimonial. Algúns deles estará en funcionamento, e está prevista unha degustación de papas de millo.
Para participar na ruta é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Tui, en turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.
Con este percorrido pola Senda dos Muíños do Tripes proseguen as rutas iniciadas o pasado mes de maio, e que están a contar con gran acollida. As seguintes citas serán o Roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade o domingo 23, e a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño prevista para o domingo 30. A inscrición pode realizarse tamén na Oficina de Turismo.
Data: Domingo 16 de xuño
Hora: 10.00 h
Lugar de saída: Área Recreativa de Circos
Distancia: 5 quilómetros
Dificultade: Baixa
Duración: 3 horas
Inscricións: Oficina de Turismo de Tui, turismo@tui.gal, ou teléfono 677 41 84 05
Ningún comentario:
Publicar un comentario