10 de xuño de 2024

OIA

Oia abre o prazo para solicitar fogueiras de San Xoán ata o 20 de xuño  

As solicitudes deberán ser presentadas por particulares e para espazos de titularidade privada 

 

As tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ao 24 de xuño) só poderán facerse por parte de particulares e en terreos privados, quedando prohibida a súa celebración en espazos públicos
Foto: C.O.


Infogauda / Oia  

 O Concello de Oia abre o prazo para que os particulares, que así o desexen, poidan solicitar a autorización para acender fogueiras de San Xoán en fincas privadas. O antedito prazo permanecerá aberto ata as 12.00 horas do próximo 20 de xuño.  

 As persoas interesadas deberán presentar unha comunicación no Rexistro Municipal (de forma presencial ou a través da sede electrónica), achegando o modelo de solicitude publicado no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.   

 As tradicionais fogueiras de San Xoán (noite do 23 ao 24 de xuño) só poderán facerse por parte de particulares e en terreos privados, quedando prohibida a súa celebración en espazos públicos.  

 Nas cacharelas autorizadas será obrigatorio cumprir as medidas de seguridade indicadas na propia solicitude. En todo caso, as autorizacións quedarán automaticamente revocadas no caso de que as autoridades decidan suspender este tipo de actividades atendendo ás circunstancias meteorolóxicas, de seguridade ou sanitarias que así se determinen conforme a lexislación vixente. Tamén quedarán revocadas automaticamente en caso de que o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendio forestal) sinale risco extremo de incendio para ese día. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario