18 de xuño de 2024

O ROSAL

APERTURA PRAZO DE MATRICULA

Na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal




Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Ata o día 28 de xuño, de 16:30 á 20:30 horas, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2024/2025 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal. 

 A Escola de Música da AMDOR está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música. Poden matricularse nenos/as a partir dos 3 anos e sen límite de de idade.  

 As materias que se imparten son as seguintes: 

- Música e Movemento (de 3 a 6 anos) 

- Iniciación ó Linguaxe Musical (7 anos) 

- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º) 

- Solfexo para adultos  

 Destacar que este curso, como principal novidade, pódese elixir instrumento a partir dos 6 anos e que na escola hai un importante banco de instrumentos para préstamo nos inicios dos nenos/as. 

- Instrumento. As clases son individuais (excepto en 6 e 7 anos que serán compartidas), e todas están impartidas por profesorado de cada especialidade: Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo e Percusión.  

- Instrumentos complementarios: Gaita, Piano e Guitarra (consultar condicións).  

- Agrupacións:  

Minibanda   

Banda da Escola   

Combo   

Coro Infantil (a partir dos 3 anos)   

Coro de Adultos   

Música Tradicional  

 A escola ofrece descontos do 50 % para os alumnos de 1º ano en instrumentos como Óboe, Fagot, Trompa ou Trompeta e do 100% para Tuba e Contrabaixo.  

 Antes do comezo do curso realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados para elección de horarios individuais. Durante o curso realízanse actividades diversas como audicións, festivais, clase mestra, colaboracións ou mesmo campamento de fin de curso.  

 Aproveita esta oportunidade para que os mais pequenos descubran o marabilloso mundo da música. Estudar música mellora as habilidades cognitivas, fomenta a disciplina e desenvolve a creatividade. Fai que a música forme parte da vida dos teus fillos/as ou mesmo da túa!  

Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792

Ningún comentario:

Publicar un comentario