ATLETISMO
TRES ATLETAS FEMININAS DO BAIXO MIÑO LOGRAN UNHA MEDALLA DE OURO E DÚAS DE BRONCE
No Campionato Galego Federado de pista ao aire libre 2024, das categorías de menores benxamín e alevín
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Na xornada de onte sábado, as pistas de Elviña (A Coruña) acolleron a celebración do Campionato Galego Federado de pista ao aire libre 2024 das categorías de menores benxamín e alevín.
Novamente a escola da Sociedade Atlética do Trega – Tomiño volveu o máis alto dun pódium nun autonómico. Desta vez as atletas protagonistas foron Julia Martínez Ozores e Gabriela López Cadilla, na Sub10; e Nadia Conejo Bascoy, na categoría Sub12.
Na Sub10, a rosaleira Julia Martínez Ozores, na proba de Gabriela López Cadilla estableceu un crono de 3´37"70 e conseguíu o título de campioa galega, colgándose a medalla de ouro. E pechando o pódium da mesma proba, a guardesa Gabriela López Cadilla, con medalla de bronce, selando así o pódium nesta proba con dúas atletas do Baixo Miño.
Na categoría Sub12, na proba dos 1.000 metros lisos, a guardesa Nadia Conejo Bascoy, cun tempo de 3´25"35 fixo marca persoal, logrando o bronce, sendo novel na categoría.
Moitas felicidades as tres atletas dos concellos da comarca Tomiño, O Rosal e A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario