ACTOS CONMEMORATIVOS DO XXV ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DO MONUMENTO Á MEMORIA DOS REPRESALIADOS POLO FRANQUISMO
Helena Pousa / Tui
O 27 de xuño de 1999 inaugurábase un dos primeiros monumentos escultóricos públicos en Galicia na memoria das moitas persoas represaliadas tras o golpe de estado de 1936. O Monumento aos represaliados, obra de Silverio Rivas, foi iniciativa da Comisión cidadá pola Verdade do 36, asociación creada uns anos antes co obxectivo de rehabilitar publicamente a memoria das vítimas.
Co motivo deste XXV aniversario, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e a Louriña, coa colaboración do Concello de Tui, ten programados os seguintes actos:
• Sábado, 15 de xuño, ás 20:00 horas, no Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica), de Tui, inauguración da exposición “A nosa memoria silenciada”.
A mostra poderá visitarse do 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2024.
• Sábado, 29 de xuño, ás 19:00 horas, na Alameda de Tui, acto conmemorativo polo XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria dos represaliados, de Silverio Rivas.
Convidámosvos a participar nestas actividades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario