17 de xuño de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O TEIXUGO MANU OCHOA, IMPRESIONANTE NA 3ª COPA DO MUNDO DE CAIAC CROSS


Manuel Ochoa (Manu),  rematou esta Copa do Mundo nunha impresionante sétima posición que o reafirma entre os mellores do mundo

Informa (fotografía e redacción): Rosa Fernández Carrera  

 Este domingo, 16 de xuño, celebrouse na canle de Kolna en Cracovia a terceira Copa do Mundo de Slálom, última cita internacional antes dos Xogos Olímpicos. O tomiñés Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, foi convocado coa selección española para participar na modalidade de caiac cross xunto co donostiarra Pau Etxaniz.  

 A proba comezou coa xa habitual contra reloxo para determinar as 32 embarcacións que  pasarían a oitavos. Manu fixo unha gran baixada que o colocou no cuarto posto, a menos dun segundo do primeiro clasificado. Tanto en octavos de final como en cuartos gañou con claridade a súa series, nas semifinais tivo peor fortuna e non conseguiu pase a finais por ben pouco. Rematou esta Copa do Mundo nunha impresionante sétima posición que o reafirma entre os mellores do mundo.  

 Manu Ochoa agarda nestes momentos a decisión do comité técnico da Federación Española para ver que deportista representará a España en París. Terán que elixir entre el, o segoviano David Llorente, que non participou nesta copa, e o donostiarra Pau Etxaniz que rematou trixésimo sexto. Os criterios que seguirán para tomar a decisión non se coñecen. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario