1 de xuño de 2024

A GUARDA

O VOLANTEIRO "PIUEIRO" E A GAMELA "MINXOS", NO II FESTIVAL NÁUTICO DE ESPOSENDE

E no XIII Encontro de Embarcaçâes Tradicionais - Río Câvado


O volanteiro "Piueiro" no esteiro do Cávado, en Esposende

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde o 30 de maio ata o día 2 de xuño de 2024, estánse celebrando o II Festival Náutico de Esposende e o XIII Encontro de Embarcaçâes Tradicionais - Río Câvado. Ata esa cidade portuguesa, bañada polas augas do esteiro do río Câvado e polo océano Atlántico, desprazáronse membros da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda. 


A gamela "Minxos" 
Momento da presentación do libro "Marcas e Siglas dos Mariñeiros da Guarda"


 Por esa razón, o volanteiro "Piueiro" e a gamela "Minxos", coas súas respectivas tripulacións, participaron activamente no devandito Festival Náutico de Esposende, evento que contou coa asistencia de Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro de Cultura do Concello de A Guarda, que na tarde deste sábado participou na presentación do libro "Marcas e Siglas dos Mariñeiros da Guarda".

 Dese xeito, a comunidade mariñeira de A Guarda e dúas das embarcacións máis representativas da nosa tradición marítima, representaron á localidade guardesa no devandito Festival Náutico.

 Por outra banda, do 12 ao 14 do vindeiro mes de xullo, o porto de A Guarda acollerá un evento marítimo cultural dos pobos do norte de Portugal e de Galicia, incluído no calendario oficial de actividades 2024 da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (culturmar), e cuxa entidade organizadora será a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario