13 de xuño de 2024

A GUARDA

Día da Xuventude

O vindeiro domingo 16 de xuño, de 16:00 a 21:00 horas, na Alameda da vila




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro domingo 16 de xuño, de 16:00 a 21:00 horas, na Alameda da vila vaise celebrar o Día da Xuventude, un evento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de A Guarda, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables. 

 As actividades están deseñadas para mocidade de entre 12 e 35 anos, aínda que os nenos e nenas menores de 12 anos teñen dispoñible un espazo de construción para pasar un bo rato, e son totalmente gratuítas.  

 No Día da Xuventude os mozos e mozas poderán facer un xogo de escape e realidade virtual no taller de concienciación ambiental, tiro con arco en lecer educativo, participar nun obradoiro de arte colaborativo a través do graffiti ou asistir a unha demostración culinaria no espazo de gastronomía saudable, entre outras actividades.  

 As persoas que completen os xogos e dinámicas poderán levar un agasallo do Día da Xuventude. A música tamén estará presente, pois haberá unha actuación do grupo local XeRock Percusión de 19:00 a 19:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario