13 de xuño de 2024

A GUARDA

O actor Luis Zahera será o pregoeiro da XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 


Luis Zahera
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda

   José Luis de Castro Zaera, coñecido como Luis Zahera (Santiago de Compostela, 23 de maio de 1966), o actor de cine, teatro e televisión, gañador de dous premios Goya ao mellor actor de reparto en 2019 e 2023 por "El Reino" - polo que tamén logrou en 2019 o Premio Feroz, como mellor actor de reparto - e "As bestas", filme polo que tamén foi galardoado en 2023, co premio Platino do Cine Iberoamericano e nos Premios Feroz, respectivamente, como mellor actor de reparto; premio ao mellor actor no Festival de Málaga, 2024, polo seu papel en "Pájaros", película premiada coa Biznaga de Oro; tamén é recoñecido polos seus numerosos traballos, entre eles representando o personaxe Petróleo na serie "Mareas vivas", da TVG; "Los lunes al sol", "Hotel Tívoli""Celda 211",  "Todo es silencio", "A praia dos afogados""Pájaros",..., entre outras películas; "Vivir sin permiso""Entrevías", "Sin tetas no hay paraíso", "Hospital Real""Animal salvaje",..., series de TV,..., será o pregoeiro da XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. 

 Como recoñecemento á súa traxectoria o Goberno de España distinguiuno coa Medalla de Ouro do Mérito nas Belas Artes 2023.

 Luis Zahera xa participara en 2019 na Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, en cuxa programación fora incluída a súa actuación co monólogo Chungo, deixando ao público fascinado, motivo polo que foi proposto como pregoeiro para esta edición.

 A localización do acto de inauguración da XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira será na Praza do Reló, o venres 5 de xullo ás 20:30h.

 Ademais do pregón, farase entrega da distinción “Langosta de Honra” á unha entidade local en recoñecemento o seu desempeño e labor na promoción e recuperación da cultura na nosa vila.


Os Bregadiers

 Nesta edición o evento gastronómico contará cun especial protagonismo a música. O acto estará acompañado polos Bregadiers, conxunto de músicos que ofrecerán un acompañamento especial con ritmos swing, jazz e rock&roll.   

 Unha vez finalizado o acto do pregón, os asistentes desprazaranse ata o porto de A Guarda para proceder á apertura oficial da carpa co pasacalles dos Bregadiers.

Ningún comentario:

Publicar un comentario