1 de xuño de 2024

A GUARDA

O CONCELLO OFRECEULLE UN RECIBIMENTO AS XOGADORAS DO MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Pondo en valor os logros deportivos acadados neste curso 2023-24


As xogadoras infantís, xuvenís e seniors do Mecalia Atlético Guardés nun momento da recepción que lles ofreceu ó Concello de A Guarda na tarde de onte
Fotos: C.A.G.


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Na tarde de onte, o salón de plenos da Casa do Concello de A Guarda, totalmente ateigado de público, acolleu o recibimento as xogadoras dos equipos (infantís, xuvenís e seniors), directivos e persoal técnico do Mecalia Atlético Guardés.

 O acto, presidido polo alcalde Roberto José Álvarez Carrero, contou coa asistencia do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, e outros concelleiros e concelleiras que forman parte da corporación municipal do Concello de A Guarda. 

 Tamén asistíu Jesús López González, presidente da xunta directiva do Mecalia Atlético Guardés, así como as adestradoras María Doiro e Beatriz Estévez

 Uns ramos de flores para as capitás de cada equipo e tamén para as adestradoras, constituíron a testemuña do agarimo que o Concello de A Guarda, en nome da cidadanía, expresoulles públicamente.

 Foi un evento no que diante das xogadoras, familiares, amizades, e público da localidade, recoñeceuse con agarimo o magnífico labor realizado polas integrantes e as adestradoras dos equipos femininos do Mecalia Atlético Guardés ao longo do curso deportivo 2023-2024.   

 Nas diferentes intervencións que tiveron lugar nese recibimento, valorouse moi positivamente os logros deportivos acadados na tempada que vén de rematar.

 Ao mesmo tempo tamén se puxo de manifesto a aspiración de que nun futuro non moi lonxano, o equipo senior do Mecalia Atlético Guardés poida ter xogadoras procedentes dos equipos procedentes da base do balonmán local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario