27 de maio de 2024

TUI

As Rutas de Natureza convidan a percorrer este sábado a Senda Botánica coa Fada do Aloia

Ofértanse 25 prazas. A inscrición gratuíta debe realizarse na Oficina de Turismo  




Infogauda / Tui

 O Concello de Tui, dentro do programa Rutas de Natureza, convida a descubrir, da man da Fada do Aloia, os encantos do Parque Natural Monte Aloia, nunha ruta guiada este próximo sábado, 1 de xuño, pola Senda Botánica.   

 A saída será ás 10.00 h dende o aparcamento situado nas proximidades do Centro Interpretación. No percorrido pola Senda Botánica as persoas participantes, seguindo as indicación de A Fada do Aloia, poderán coñecer algunhas as especies, tanto de flora coma fauna, que hai neste parque natural. A ruta ten unha dificultade baixa.   

 É unha actividade dirixida especialmente ás familias. A través de contos, xogos e actividades interactivas, as e os máis pequenos gozarán aprendendo sobre a flora e fauna do parque mentres se divirten.  

 Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, no correo turismo@tui.gal, ou no teléfono 677 41 84 05. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario