Preto de 300 nenos e nenas participan en Tomiño nunha xornada de introdución á loita do Programa Xogade
• O delegado territorial destacou a importancia de fomentar actividade física durante a infancia
Infogauda / Tomiño
Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acudiu esta mañá ao Pavillón Municipal de Goián para asistir ás xornadas de introdución á Loita nas que participaron preto de 300 alumnos de centros escolares de Salceda de Caselas, Tomiño, O Rosal e Gondomar.
O delegado territorial conversou cos monitores do evento e destacou a importancia de fomentar a actividade física na infancia. Cabe destacar que esta iniciativa está forma parte do programa Xogade da Xunta, que busca achegar o deporte ao alumnado galego.
Reguera despediuse agradecendo o “empeño e compromiso da comunidade educativa coas iniciativas propostas pola Xunta” e asegurou que o goberno galego seguirá traballando para construír “unha Galicia máis activa, máis viva e máis saudable”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario