15 de abr. de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS GAÑADOR DA 1ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  


Membros do Club Deportivo Miño-Teixugos


Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Primeira cita do 2024 para os deportistas máis novos do slálom galego este domingo nas augas do río Tea, no lugar de Cordeiro. Nenas e nenos das categorías infantil, alevín, benxamín e pre-benxamín disputaron no campo de slálom de Cordeiro a primeira das competicións da Liga Galega de Promoción de Slálom.  

 O Club Deportivo Miño acudiu cun grupo de dezaseis pequenos padexeiros. A pesares de ser un campo cunha certa dificultade, todos se animaron a participar.  

 Iria Álvarez en pre-benxamín foi quen de baixar sen “nadar”, e rematou segunda.  

 Nerea Álvarez, a nosa única canoísta, foi cuarta en C1 muller infantil. Na categoría infantil feminina, pero de caiac(K1), Nerea rematou tamén cuarta, Catalina Sánchez foi sexta, Beatriz Sánchez sétima e Leila Álvarez rematou terceira, acadando, por tanto a medalla de bronce.  

 En K1 muller alevín, Rita Olveira conseguiu a medalla de prata ao rematar segunda.  

 En K1 home infantil, Xián Pérez rematou décimo, Xurxo Río noveno, Leo Álvarez sétimo, Alejandro Barreiro sexto e Iván Cruz foi terceiro, recollendo por tanto o bronce da categoría.  

 En K1 home alevín, Martín Vicente foi sétimo e Lois Montenegro conseguiu a medalla de prata ao rematar segundo.  

 En K1 home benxamín, Brais Vicente foi sétimo, Nicolás Piñeiro terceiro e Roque Olveira primeiro, ouro e bronce da categoría para os teixugos.  

 Por equipos, o Club Deportivo Miño-Teixugos proclamouse gañador desta 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom, cun total de 252 puntos, seguido do Montaña Quixós de Monforte con 214 e o Club Piraguismo Penedo-Teimporta de Tui con 113.

Ningún comentario:

Publicar un comentario