1 de mar. de 2024

A GUARDA

A “Xota do Monte Trega”, de Raquel Castro González

 Foi presentada na Casa dos Alonso


Raquel Castro González, xunto co alcalde e o concelleiro de Cultura de A Guarda, e membros de “Ardelume Baiña”, na Casa dos Alonso
Fotos: C.A.G.

Redacción / A Guarda

 O grupo musical de integración social “Ardelume Baiña” presentou na Casa dos Alonso o seu novo videoclip “Xota do Monte Trega”, obra da compositora guardesa e membro do grupo, Raquel Castro González.  


Raquel Castro González e o grupo musical de integración social “Ardelume Baiña” na presentación

 Desde o Concello de A Guarda salientan: "É todo un orgullo que escolleran o noso pobo para esta presentación, non so polo inestimable labor social que levan a cabo, senón por adicarlle esta pequena homenaxe a un dos nosos elementos máis característicos como é Monte Trega.

 Moitas grazas Ardelume!" 

 Deixámosvos a ligazón para que poidades descubrir a Xota do Monte Trega do grupo Ardelume.

Ningún comentario:

Publicar un comentario