17 de feb. de 2024

VIGO

Mobilización do cadro de persoal de Soling

 O luns 19 de febreiro, ás 11:00 horas, diante de sede da Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), na rúa Montero Ríos, 38, Vigo


Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de Soling, empresa auxiliar do sector naval, desenvolverá o luns día 19 de febreiro, ás 11:00 horas, diante da sede da Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) - na rúa Montero Ríos, 38 - Vigo -, unha nova mobilización en defensa dos seus postos de traballo e para reclamar unha solución que garanta o mantemento da actividade industrial.  

 Dende a representación sindical (tres delegados da CIG) denuncian que o anterior propietario vendeu a compañía “dun día para o outro sen dar ningún tipo de información” e que o actual dono mandou os traballadores/as para casa cun permiso retribuído sen que saiban cal vai ser o seu futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario