O Club de Lectura “Tempo de Mulleres” retomará a súa actividade o 1 de marzo
• As persoas interesadas deben inscribirse no correo electrónico biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103
Infogauda / Tui
O Club de Lectura Feminista “Tempo de Mulleres” retomará a súa actividade o próximo día 1 de marzo, ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez.
Impulsado pola concellería de Igualdade, o Club de Lectura Feminista “Tempo de Mulleres” conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Feministas Berra e da Biblioteca Municipal. Reunirase mensualmente para compartir a lectura e análise de obras escritas por mulleres dende unha perspectiva de xénero. A data da reunión acordarase entre todas as mulleres participantes.
Nesta nova temporada, o Club será dinamizado por Cristina Fernández Ameal, feminista, mestra e bibliotecaria xubilada, e lectora insaciable Ofértanse quince prazas. As persoas interesadas deben inscribirse no correo electrónico biblioteca@tui.gal ou no teléfono 617 498 103.
O Club de Lectura “Tempo de Mulleres” será un espazo onde explorar, analizar, e mergullarse nas obras de diversas autoras tanto clásicas coma contemporáneas. Cada mes proporase a lectura dunha obra literaria para logo compartir reflexións, analizar as personaxes femininas, desenvolver un pensamento crítico e compartir a paixón pola lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario