15 de feb. de 2024

TOMIÑO

CAMPAÑA PARA A PROTECCIÓN DOS NIÑOS DAS ANDORIÑAS - 2024   


   

Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

 Onte levouse a cabo a intervención nunha antiga barreira de nidificación de andoriñas das barreiras ("Riparia riparia") na zona de Taborda, grazas ao interese tomado polo Concello de Tomiño, especialmente pola Concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro. Ata alí  desprazámonos dous membros de ANABAM, Luís Dorado e Agustín Ferreira, para ver os traballos de erradicación da vexetación que cubría a barreira e conversar sobre o tema coa citada concelleira.      

 Na campaña deste ano colaboran, polo de agora tres concellos: A Guarda, O Rosal e Tomiño, aínda que nos gustaría poder contar tamén cos concellos de Oia e Tui, para que estiveran integrados na mesma tódolos concellos baixomiñotos.  

 Nas fotografías Ana Belén Casaleiro, Luís Dorado, Xurxo Mouriño, este último da empresa que realiza os labores de preparación da barreira, antigo membro activista do desaparecido Grupo Erva de Vigo, ademais das dúas operarias que están a traballar na zona.      

 Noso agradecemnto á Comunidade de Montes de Taborda por permitir o arranxo desta barreira en terreos da súa pertenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario