15 de feb. de 2024

TOMIÑO

O Consello de Xunta aproba o proxecto de trazado da autovía Tui-A Guarda entre a PO-350 e Estás, en Tomiño

 Que suporá un  orzamento de máis de 78 M€ 


O proxecto de trazado da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, en Tomiño, suporá un orzamento de 78 millóns de euros

Fonte: X.G.

Infogauda / Tomiño

 O Consello de Xunta de Galicia, presidido por Alfonso Rueda Valenzuela, vén de aprobar este xoves, día 15 de febreiro de 2024, o proxecto de trazado da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, en Tomiño, que suporá un orzamento de 78 millóns de euros, segundo deu a coñecer a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

 O novo treito comezará cun enlace no punto quilométrico 3+790 da PO-350 e avanzará en dirección A Guarda ata o punto 59+860 da PO-552, na glorieta de Estás,   

 O proxecto contempla a execución de 4 enlaces para este tramo: na PO-350, en Ponte-Carregal, no Seixo e en Estás.

 Proxéctanse 5 viadutos, un falso túnel na zona de San Bieito, 6 pasos superiores e 4 inferiores e 3 muros de contención. 

 Como resultado da información pública introducíronse melloras significativas na accesibilidade ás fincas, na permeabilidade da autovía e para a diminución da afección 

 Déixase sen efecto o antigo proxecto aprobado, o que supón liberar os terreos no concello de Tomiño que non resulten afectados polo novo trazado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario