15 de feb. de 2024

DEPORTES

FÚTBOL

Segunda Galicia

O SPORTING GUARDÉS VAI RECIBIR AO SAN MIGUEL, C. F.

 O domingo día 18 de febreiro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña





Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Tralo paréntese do domingo de entroido, no cal non houbou competición na liga de fútbol Segunda Galicia - Grupo 2, o Sporting Guardés prepárase para recibir, este domingo día 18 de febreiro, ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, ao San Miguel C.F..

 O equipo de A Guarda, que na xornada 21ª enfrontouse ao Tomiño, C. F., logrando un empate (0-0), deberá pórse como obxectivo á vitoria se quer manterse na actual posición (2º) da táboa clasificatoria, liderada polo Erizana, C.F., conxunto que ao igual que o Sporting Guardés contabiliza 43 puntos.

 Polo que respecta ao San Miguel, C.F., situado no 12º posto, con 27 puntos, súa probable aspiración será procurar puntuar na vila do Trega.

 Dese xeito, o partido promete estar moi interesante, motivo polo cal, sería desexable que as bancadas rexistrasen unha boa entrada de seareiros guardesistas para alentar ao Sporting Guardés, cuxo roteiro na Copa Deputación de Pontevedra concluíu  (0-3), na tardiña de onte, no Estadio A Sangriña, fronte ao C.D. Choco, de Redondela, que milita na Preferente Galicia Grupo 2 Sur.

Ningún comentario:

Publicar un comentario