Charla presentación do sistema de calidade turística SICTED
• O día 29, ás 11.00 horas, no Concello de Oia
Infogauda / Oia
O Concello de Oia acollerá o próximo 29 de febreiro, ás 11.00 horas, unha xornada informativa de presentación sobre o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) da provincia de Pontevedra-Rías Baixas, para dar a coñecer as posibilidades que ofrece este plan de calidade. A actividade desenvolverase en horario de mañá e vai dirixida a empresas e servizos turísticos que operan na zona.
O SICTED é un programa da Secretaría de Estado de Turismo que se xestiona desde o organismo provincial Turismo Rías Baixas e que ten como obxectivos mellorar a competitividade das pemes e a posición das Rías Baixas como destino turístico. A obtención deste certificado de calidade non ten coste ningún para os negocios, xa que está financiado pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.
A asistencia será libre ata completar a capacidade do espazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario