15 de feb. de 2024

A GUARDA

Mañá 16 de febreiro terá lugar o Desfile de Entroido na Guarda, que estrea percorrido e formato  





Infogauda / A Guarda

 Xa está todo preparado na Guarda para a realización do Desfile de Entroido, que este ano estrea formato e percorrido.  

 O desfile partirá ás 20:00h. da rúa Rosalía de Castro baixando ata o porto pola rúa Concepción Arenal. En total serán 10 as comparsas, carrozas e grupos que participarán no desfile, que figuran a continuación:      

• PARCHÍS FUSCALHEIRO, da Guarda.     

• AS GALIÑAS, da Guarda.     

• MUNDO BARBIE, de Fornelos (O Rosal).     

• TECHNOGAITA, do Clube da Terceira Idade da Guarda.     

• GUATEQUE, da Guarda.     

• VALA – WEST, de Valladares (Vigo).     

• A MAXIA DA NATUREZA, de Pontellas (Porriño).     

• COMPARSA TALISMÁN, de Salceda de Caselas.      

• E pechando a comitiva, a COMPARSA CIKLÓN, de Tomiño.  

 Ademais das carrozas aquí relacionadas o Desfile da Guarda, conta sempre coa posibilidade de participar, sen opción a axuda económica, a todo aquel que debidamente disfrazado queira sumarse á comitiva. Os interesados deberán achegarse á rúa Rosalía de Castro  a partir das 19:30h, e dirixirse aos membros da organización.  

SÁBADO DE PIÑATA

 Mais a festa estenderase durante toda a fin de semana, xa que para o Sábado de Piñata, está prevista a realización dunha nova Festa-Baile coa presencia dos DJ Romeu e DJ Christian.

Ningún comentario:

Publicar un comentario