10 de xan. de 2024

O ROSAL

Concello e ANABAM coordinarán grupos de persoas voluntarias no caso de detectar unha maior chegada de bólas de plástico  

 As primeiras bólas detectáronse na praia de Area Grande, aínda que en moi pequena cantidade  

 Ambas entidades realizan prospeccións diarias para controlar a situación na costa do Baixo Miño   




Infogauda / O Rosal

 Ante a chegada das primeiras bólas de plástico á costa baixomiñota, o Concello do Rosal e a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), están a realizar prospeccións diarias para controlar a situación na zona. Nas últimas horas detectouse a chegada das primeiras bólas á praia de Area Grande, no municipio da Guarda, aínda que en moi pequena cantidade. En caso de que esta cantidade aumente, Concello e ANABAM coordinarán grupos de persoas voluntarias que queiran colaborar na limpeza e recollida destas pequenas bolas plásticas. 

 As persoas interesadas en colaborar e participar na recollida e limpeza poden poñerse en contacto co Concello ou coa propia asociación, que levará un rexistro de voluntarios e voluntarias para coordinar calquera acción que se poida levar a cabo. Dende o Concello e ANABAM agradecen a colaboración de Ana Martínez Alonso e P.R.A. por dar a voz de alarma e avisar da presenza das primeiras bólas de plástico no areal guardés. 

 Mentres non se organicen accións de recollida, Concello e ANABAM recomendan ás persoas que de xeito particular queiran facer unha pequena limpeza individual que empreguen o seguinte material: 

- Un coador dun tamaño mínimo duns 15 cm de diámetro. 

- Un recipiente onde botar as bolas que se atopen. 

- Unha brocha. 

- Unha pequena pa, por exemplo como as de praia. 

- Luvas. 

 En caso de realizar esta limpeza é importante ter en conta que non se debe escavar na area nin pisar demasiado e que, se a recollida faise en grupo, que as persoas participantes non estean moi xuntas. Por outro lado, pódese informar ao 112 e recoméndase levar outra bolsa aparte para recoller outro tipo de plásticos que poidan aparecer na praia. As bólas recollidas poden depositarse no Concello do Rosal ou en ANABAM. Ademais, poden enviarse á asociación, fotografías da colaboración, ben da tarefa de recollida ou ben do contido retirado da praia,

Ningún comentario:

Publicar un comentario