10 de xan. de 2024

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA AFIRMA QUE A APARICIÓN DE BÓLAS NAS NOSAS COSTA É MOI INSIGNIFICANTE

 Dende á institución municipal pídese que se alguén ve algo nas nosas praias, que teñan a ben avisar o 112 ou o GES da Guarda


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 Na tarde deste mércores día 10 de xaneiro de 2024, fixo pública a seguinte nota:

 Debido as noticias que estamos tendo estes días sobre a situación que se esta a vivir noutros concellos costeiros coa problemática dos pellets de plástico do barco “Toconao”, dende o concello queremos comunicarlle as veciñas e veciños que o Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Guarda (GES) e outros organismos, están en continua vixilancia e inspección das nosas costas, facendo inspeccións diarias, ata o de agora a aparición de pellets nas nosas costas é moi insignificante aprecendo ao redor de 30 pellets, pero estamos pendentes de como poida evolucionar a situación. 

 Pedimos que se alguén ve algo nas nosas praias que teñan a ben avisar o 112 ou o GES da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario