5 de xan. de 2024

DEPORTES

BALONMÁN

O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS E O VALIÑOX NOVÁS PECHAN UN COMPROMISO


Infogauda / Redacción Deportes

 No día de hoxe, o Mecalia Atlético Guardés e o Valiñoz Novás, veñen de facer público o seguinte comunicado: 

 O Mecalia Atlético Guardés e o Valinox Novás pechan un compromiso no que se estipula que nas xornadas nas que ambos os dous conxuntos disputen os seus encontros como locais haberá unha diferenza de, polo menos, dúas horas entre entre o partido dun equipo e do outro.  

 Con este acordo, ambos os clubs pretenden beneficiar aos seus socios e socias. Afectará, como mínimo, aos seguintes compromisos:  

 Na Sangriña:  

• X. 14 vs Super Amara Bera Bera, sábado 13/01 ás 20:00h. 

• X. 16 vs Caja Rural Aula Valladolid, sábado 03/02 ás 17:30h.  

No Rosal:  

• X. 14 vs UBU San Pablo Burgos, sábado 13/01 ás 18:00h. 

• X. 18 vs Fundación Agustinos, sábado 03/02 ás 19:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario