4 de xan. de 2024

A GUARDA

ITINERARIO DA CABALGATA DE REIS




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, vén de facer público un comunicado no que informa o seguinte:

  Mañá, día 5 de xaneiro, terá lugar a tradicional cabalgata dos Reis Magos. O percorrido variará con respecto aos último anos, comezando na rúa do Porto e transcorrendo por Concepción Arenal ata a praza de Avelino Vicente, onde terá lugar a recepción dos Reis. O comezo da cabalgata será ás 18:00, con cortes de tráfico dende as 17:30, estimándose a finalización do evento ao redor das 20:00. 

 É importante anticipar a chegada, así como respectar, pola seguridade de todas/os, tanto as normas de circulación específicas con motivo do evento, como as indicación dos axentes e persoal de apoio. Para facilitar a asistencia de todas aquelas persoas que se acheguen en vehículos, recordamos a conveniencia de facer uso das seguintes zonas de aparcamento: 

- Finca de Fínola. 

- Antigo Estadio do Tecla. 

- Terreos da eléctrica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario