3 de xan. de 2024

A GUARDA

ANABAM PUBLICOU O "CARRIZAL", Nº 16

 Correspondente ao bimestre novembro/decembro, 2022


Portada do "Carrizal", nº 16 - Época II, correspondente ao bimestre novembro/decembro, 2022

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), publicou o seu boletín "Carrizal", nº 16 - Época II, correspondente ao bimestre novembro/decembro, 2022.

 Na portada do devandito número figura unha foto - da autoría de Luis Dorado Senra - dun exemplar de Stictoleptura stragulataun xénero de coleópteros crisomeloideos da familia Cerambycidae.

 No interior, ademais das informacións habituais (xunta directiva, medios de contacto, importes das cotas dos socios,  etc.), figuran os seguintes traballos:

 Cortaderia selloana nas localidades de Tui e Tomiño, de Nerea Cazás Fraga.

 Censo da camariña na Mata do Camarido, de Jaime Sáiz Blasco.

 Memoria prácticas externas: Charadrius alexandrinus, de Iago Vega Voces.

 Estudo do aniñamento da gaivota patiamarela no núcleo urbano da Guarda, de Camille Arderius e Noah Bonneau.

 Impacto do picudo vermello sobre a palmeira canaria no concello de Tomiño, de Pedro Vicente Bautista.

 Cousas de ANABAM:

Mostra asociativa.

Desprazámonos ata Esposende.

Recollidas varias aves con posibles síntomas de gripe aviar.

Limpeza de refugallo.

Exposición.

Fauna silvestre rescatada.

Publicación.

Traballos de campo.

Apuntes da nosa historia. 

1992: protesta contra a minicentral de Vilachán.

  O contido do "Carrizal" reflicte, sen lugar a dúbidas, unha boa parte da actividade que dende 1985 vén realizando ANABAM de xeito altruista, no seu labor de estudo, conservación, protección e divulgación do patrimonio natural do Baixo Miño galego-portugués. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario