A catedral de Tui ilumínase este Nadal coma un dos monumentos emblemáticos do Camiño de Santiago
• Faino dentro da iniciativa “Acende o Camiño de Santiago” da Xunta de Galicia
Infogauda / Tui
A fachada norte da catedral de Santa María, de Tui, está iluminada coa frecha amarela do Camiño de Santiago. Faino dentro da iniciativa “Acende o Camiño de Santiago” coa que a Xunta de Galicia ilumina este Nadal, até o domingo 8 de xaneiro, medio cento de monumentos emblemáticos da Ruta Xacobea.
Este programa da continuidade á iniciativa realizada nos últimos anos como unha proposta para poñer en valor os fitos patrimoniais do Camiño de Santiago en Galicia, neste caso o Camiño Portugués, así como para promover o seu potencial turístico.
O Concello de Tui colabora con “Acende o Camiño de Santiago” facilitando a instalación dos equipos necesarios para esta proxección de luz e imaxe.
A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, agradece esta iniciativa que pon en valor á cidade de Tui e ao seu monumento máis emblemático, a catedral de Santa María, como lugar referencial ao ser a porta de entrada dos camiños xacobeos portugueses en Galicia e a única catedral existente no Camiño Portugués, ata a súa chegada a Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario