12 de dec. de 2023

TUI

A postal de Nadal de Naiara Pérez Rodríguez, do CEIP de Caldelas, gañadora do concurso convocado polo Concello de Tui 

 No certame participaron seis centros escolares do municipio tudense




Infogauda / Tui

 A postal presentada por Naiara Pérez Rodríguez, alumna de 1º curso de Educación Primaria do CEIP de Caldelas, é a gañadora do concurso de postal de Nadal 2023 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano. 

 



 A responsable da concellería de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, explica que a finalidade deste certame escolar que convoca o Concello de Tui é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal, procurando que os nenos e nenas do noso municipio, expresasen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello.  




 A concelleira expresa a súa satisfacción polo incremento de participación neste certame que contou coa participación dos CEIP’s de Caldelas, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, e Randufe e do Colexio Santa María – Maristas Tui.  

 O xurado acordou conceder os seguintes premios:  

1º premio á postal presentada por Naiara Pérez Rodríguez, de 1º EP, do CEIP de Caldelas. 

2º premio á postal presentada por Mía Durán, de 5º EP, do Colexio Santa María – Maristas. 

3º premio á postal de Noa Patricio Álvarez, de 5º EP, do CEIP de Pazos de Reis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario