12 de dec. de 2023

SALCEDA DE CASELAS

AS CARREIRAS ILEGAIS EN PENEDO REDONDO, CENTRARON A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

 Que estivo copresidida pola subdelegada do Goberno en Pontevedra en funcións xunto a alcaldesa do municipio


Autoridades participantes na Xunta Local de Seguridade do Concello de Salceda de Caselas que tivo lugar na mañá de hoxe
Foto: S. de G.

Infogauda / Salceda de Caselas

 A subdelegada do Goberno en Pontevedra en funcións, María Isabel Alonso, copresidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade do Concello de Salceda de Caselas xunto a alcaldesa do municipio, Loli Castiñeira.  

 No encontro, os responsables municipais solicitaron a posta en marcha de accións coordinadas e en colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil para eliminar as carreiras ilegais que teñen lugar na zona de Penedo Redondo, na parroquia de Parderrubias. Desde a Subdelegación do Goberno en Pontevedra trasladouse a total disposición a colaborar a través da Garda Civil para reforzar e implementar novas medidas de seguridade coas que erradicar estas carreiras.  

 Na reunión tamén estivo presente o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, entre outros mandos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario