O Concello de Oia inicia as obras de renovación do céspede do campo de fútbol das Tornas
• A empresa adxudicataria do proxecto, Limonta Sport Ibérica, S.L., comezou recentemente os traballos, para os que o Concello de Oia destinará 236.350,86 euros
Infogauda / Oia
Os traballos de renovación do céspede artificial do campo de fútbol municipal das Tornas, en Santa María de Oia, están xa en marcha. A actuación, que dá continuidade aos diferentes investimentos de mellora de equipamentos deportivos dependentes do Concello, inclúe tamén o cambio das dúas porterías principais.
A empresa adxudicataria do proxecto, Limonta Sport Ibérica, S.L., comezou recentemente os traballos, para os que o Concello de Oia destinará 236.350,86 euros. Estes fondos están incluidos dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do exercicio 2023. O prazo de execución é de mes e medio.
O anterior céspede sintético fora instalado entre o ano 2010 e 2011, encontrandose xa no final da súa vida útil. Ademáis destas obras, o Concello levará a cabo obras menores complementarias, como o aseguramento dos postes situados na zona norte do campo e a substitución do marcador, que será financiado con recursos propios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario