13 de dec. de 2023

GONDOMAR

MARTA DACOSTA PECHARÁ O CICLO LITERARIO MIÑORÁN DO 2023

 O Instituto de Estudos Miñoráns celebrará este venres 15 de decembro coa poeta Marta Dacosta, acompañada de Fran Fernández Davila


Marta Dacosta

IEM / Gondomar

 A escritora miñorá máis galardoada pechará o Ciclo Literario Miñorán de 2023 cunha conversa e un recital poético o vindeiro venres 15 de decembro. Ás súas obras “Crear o mar en Compostela” premio de poesía O Grelo 1993; “Pel de ameixa” Premio González Garcés 1995; “Setembro”, premio Martín Códax 1998; “En atalaia alerta”, accésit do Premio Esquío 1999; “As Amantes de Hamlet” (2003); “Cinza” (2009); “Acuática alma” (2011); “Argola”, Premio de poesía O Figurante 2013, “Dun lago escuro”, Premio Johán Carballeira, 2013 (2014), “Na casa da avoa” (2017), “Labirinto ou memoria” (2018), “Notas sobre a extinción” (2021), mestúranse entre libros de viaxes como Baixo Miño, traballos de investigación sobre a sintaxe do galego medieval, estudos sobre a obra poética de Manuel María, X. L. Méndez Ferrín ou Victoriano Taibo ou a antoloxía de xénero “Así fala Penélope”. A súa última obra “Papaventos abismados”, aínda inédita, vén de gañar o IV Premio de Poesía Filomena Dato no Concello de Bergondo.  

 Os actos, de acceso libre ata completar aforo, comenzarán ás 20 h nas instalaciones do IEM.  

 O Ciclo Literario Miñorán é un reflexo do compromiso do Grupo de Promoción do Uso do Galego co enriquecemento cultural e a difusión da literatura no Val de Miñor.  

 Consulta ademáis a entrevista a Marta Dacosta nesta ligazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario