20 de dec. de 2023

DEPORTES

I MEMORIAL DANIEL GONZÁLEZ ADROVER DE FÚTBOL GAÉLICO

 Este sábado 23, no Estadio Municipal da Sangriña da Guarda. Os partidos serán entre as 11h e as 14h, tendo lugar ás 13h unha homenaxe a Dani




Gróvias Futebol Gaélico / A Guarda

 Este sábado 23 terá lugar no Estadio Municipal da Sangriña da Guarda o I Memorial Daniel González Adrover de fútbol gaélico, en homenaxe ao veciño da Guarda recentemente falecido.  

 Organizado polas dúas equipas das que formou parte como xogador, Gróvias Futebol Gaélico e Keltoi Vigo, en colaboración co Concello da Guarda, o evento terá formato triangular, participando integrantes de diferentes equipas do país.  

 Os partidos serán entre as 11h e as 14h, tendo lugar ás 13h unha homenaxe a Dani.  

 A iniciativa terá carácter solidario, cunha entrada a vontade da cal todo o recadado será destinado a investigación de tratamentos contra o cancro de páncreas. Quen non poda asistir pode colaborar por transferencia na conta ES40 0128 0181 8701 0005 1594.  

 Agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario