20 de dec. de 2023

A GUARDA

Música, visita de Papá Noel e Carreira de San Silvestre, para a véspera da Noiteboa na Guarda  

 O sábado 23 de decembro concentrará na vila unha chea de propostas ao longo do día para todos os gustos e idades  

 



Infogauda / A Guarda

 Sen dúbida a vindeira fin de semana é cando se concentrará o núcleo do Nadal ao celebrarse o domingo e o luns a Noiteboa e o Nadal, respectivamente. É por iso que ao longo do sábado día 23 multiplícaranse na nosa vila varias actividades pensadas para todos os públicos, tanto en idade como en gustos.  




 O sábado día 23, ás 11:00 horas, no porto de A Guarda, comezará á Carreira de San Silvestre, que terá un percorrido de 4 kilómetros, apto para que poida participar todo aquela persoa que o desexe. Ademais haberá un percorrido paralelo de 3 kilómetros en formato andaina. A carreira e andaina están abertos a todas as idades, e as persoas interesadas poden anotarse a través do QR do cartel ou o mesmo día 23, antes da carreira, no porto. Este evento está organizado polo Concello de A Guarda e a Sociedade Atlética do Trega. 




 Asemade, o mesmo sábado haberá outra cita deportiva: o I Memorial Daniel González Adrover. Campionato de fútbol gaélico que se disputará entre ás 11:00 e ás 14:00h, no Estadio Municipal da Sangriña.  

 Mais será cara ao medio día, entre ás 12:00 e ás 14:00h, cando o protagonista destas festas faga a súa presenza na Praza de Avelino Vicente: Papá Noel xunto cos seus elfos ocupará a carpa alí ubicada para recibir aos nenos, escoitar os seus desexos e comprobar se son merecedores dos agasallos que pediron. Tamén recollerá as cartas dos mais pequenos para poder cumprir con todos os pedidos, mais haberá que ter coidado co Grinch, que ten pensado acudir atá aló para facer das súas. Coidado rapaces!   




 Por último para pechar o día, ás 20:00h, na mesma carpa da Praza de Avelino Vicente, o grupo Awen ofrecerá un concerto coas mellores versións de soul, blues, pop e rock.  

 



 Toda esta programación estará aderezada coa decoración do Nadal nas Prazas que as asociacións de A Guarda engalanaron nas diferentes localizacións (Praza de Avelino Vicente, Praza de San Bieito, rúa Galicia, Praza da Guía, Praza do Coruto, etc.). e a Ruta dos Belens que grazas á creatividade a as mans de diferentes particulares pode admirarse ata en dez portais e escaparates entre a Rúa do Porto e o colexio dos PP. Somascos. 

RESUMO DA AXENDA DE NADAL   

21 DE DECEMBRO 

• 20:00h. Centro Cultural. 

CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO DE MÚSICA.

23 DE DECEMBRO 

• 11.00h. No porto de A Guarda, CARREIRA “SAN SILVESTRE”. 

• 20:00h. Praza de Avelino Vicente. 

CONCERTO DO GRUPO AWEN.  

27 DE DECEMBRO 

 De 17:00 á 19:30h., na Praza de Avelino Vicente. 

XOGOS POPULARES: Xogos de madeira, da rá, zancos, buxainas, combas... 

28 DE DECEMBRO 

 17:00h.  Praza de Avelino Vicente. 

A BAILAR NO NADAL, espectáculo infantil. 

29 DE DECEMBRO 

 17:00h. Praza de Avelino Vicente. 

PACO NOGUEIRAS EN CONCERTO “CONTO CONTIGO”.  

30 DE DECEMBRO 

 20:00h. Centro Cultural 

CONCERTO GOLD &COLT 

3 DE XANEIRO  

 17:00h. Praza de Avelino Vicente. 

AS PALABRAS PERDIDAS, espectáculo infantil.  

4 de XANEIRO 

 De 17:00 a 19.00h.

Xogos de Nadal: retos, música, baile 

5 DE XANEIRO  

Cabalgata de Reis e Recepción dos Reis Magos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario