19 de dec. de 2023

A GUARDA

 ROTEIRO DE BELENS EN A GUARDA


Belén montado na Praza de Abastos de A Guarda
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Nadal é un tempo para compartir, coa familia, amigos e coñecidos. Tempo tamén para gozar da vida sen présa, gozando - poñamos por caso - coa contemplación dos belens montados en diferentes lugares da vila. 

 O Concello de A Guarda fixo público un roteiro que inclúe unha decena de ubicacións: Generoso Cadilla Lomba (rúa do Porto, nº 48); igrexa de San Bieito (rúa Concepción Arenal, s/nº); familia Martínez Martínez (rúa Concepción Arenal, 31); "Chalana" (rúa Ireira, nº 13); "Pruden" (rúa Julián López, nº 5); Belén da Praza de Abastos (rúa Concepción Arenal, nº 43 - 2º andar); Genaro Alonso Martínez (Casa do Concello - Praza do Reloxo, nº 1); igrexa de Santa María de A Guarda (Praza da Igrexa, nº 1); Belén de Nati (rúa Antonio Alonso, nº 1), e Belén do Colexio PP. Somascos (rúa Pacífico Rodríguez, nº 6).

 Ese é o roteiro dado a coñecer polo Concello de A Guarda. 

 En todo caso, hai outros lugares, como por exemplo en Camposancos, onde veciños e visitantes poden apreciar o Belén montado no eirado da Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, na rúa Outeiro, nº 40 (A) Subida a San Amaro. E partindo desde ese enclave, pasear polos camiños da parroquia e admirar o labor realizado pola veciñanza nos diferentes barrios, que unha vez máis, dan boa mostra da súa creatividade e o seu exquisito gusto no ornato, tanto no exterior das súas vivendas como en espazos públicos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario