30 de nov. de 2023

VIGO

O COMITÉ DE EMPRESA DA VITRASA CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN

 Este venres 1 de decembro, ás 19:30 horas, na Praza dos Cabalos


Mobilización do persoal de Vitrasa, conceesionaria do transporte urbano na cidade de Vigo
Foto: FB

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa da Vitrasa convoca unha manifestación este venres 1 de decembro para reclamar a negociación dun convenio colectivo digno. Na marcha, que arrincará da Praza dos Cabalos ás 19:30 horas e que rematará no cruzamento de Colón, participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.

Concentración diante do SMAC 

 A representación dos traballadores/as da concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo desenvolverá tamén unha concentración diante do SMAC (Sección Provincial de Mediación, Arbitraxe e Conciliación en Vigo), na rúa Teófilo Llorente, 6, (Vigo), o luns día 4 ás 9:30 horas en solidariedade cos traballadores/as sancionados pola empresa no marco da convocatoria de folga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario