28 de nov. de 2023

TOMIÑO

TOMIÑO ABRE O TRÁMITE DE CONSULTA PÚBLICA DA ORDENANZA MUNICIPAL QUE REGULA O DEREITO DAS PERSOAS AO ESPAZO PÚBLICO 


O trámite de consulta pública ten por obxecto regular o dereito das persoas ao espazo público nun novo esquema de prioridades no seu uso, no que a marcha peonil ocupa o primeiro lugar

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño vén de abrir o trámite de consulta pública da ordenanza municipal que ten por obxecto regular o dereito das persoas ao espazo público nun novo esquema de prioridades no seu uso, no que a marcha peonil ocupa o primeiro lugar seguindo principios como o espazo público concibido como un dereito, as persoas como prioridade, a mobilidade inclusiva, a autonomía infantil, a pesquisa de mobilidades alternativas e sostibles, a consecución de espazos seguros e saudables e unha actividade económica de proximidade.  

 Co obxectivo de mellorar a participación da cidadania no procedemento de elaboración de normas ábrese un período de consulta pública para coñecer a opinión da veciñanza, organizacións e asociacións. Poderán facer chegar as súas opinións durante 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao de publicación do anuncio na web municipal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario