18 de nov. de 2023

A GUARDA

 CONCERTO DE SANTA CECILIA

 O sábado 25 de novembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de A Guarda



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboración do concello e da parroquia de A Guarda, respectivamente, organiza o Concerto de Santa Cecilia. Será o sábado día 25 de novembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de A Guarda, e contará coas actuacións do Grupo de Iniciación e da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.

 Ese tradicional concerto vai ser todo un agasallo para os ouvidos, motivo polo cal, todas as persoas ás que lle guste a música temos unha magnífica oportunidade para escoitar as obras que van interpretar o Grupo de Iniciación e a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, que con toda certeza serán do agrado do respectable público e merecerán os aprausos da audiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario