30 de out. de 2023

OPINIÓN

2 de novembro: CCOO chama a cidadanía para manifestarse por Palestina e para garantir a paz



Comisions Obreiras de Galicia 
 

GARANTIR A PAZ

 Desde CCOO mostramos a nosa solidariedade con Palestina e pedimos a fin do xenocidio. Facemos un chamamento á cidadanía para participar nesta convocatoria en apoio do pobo palestino da Franxa de Gaza, que sofre un ataque sen precedentes agravado pola ausencia de axuda humanitaria, coas persoas totalmente desprotexidas e sufrindo de forma constante os ataques de Israel.




 Polo respecto aos dereitos humanos, pola fin dos crimes de guerra e pola paz, c oncentracións o xoves, día 2 de novembro, ás 20:00 horas en Vigo ( Farola de Urzáiz ) e A Coruña ( Obelisco ).

UNHA PAZ DURADEIRA E XUSTA

 CCOO condena todo tipo de violencia, tanto a perpetrada por Hamás contra a poboación israelí como a exercida na escala belicista de Israel contra o pobo palestino en Gaza,

 Para CCOO, garantir a paz debe ser o obxectivo principal, mais para alcanzala (e que sexa duradeira e xusta) é preciso acatar os principios xurídicos dos acordos e consensos internacionais, conculcados de maneira permanente, e recuperar o principio de autodeterminación do pobo palestino.

 CCOO coida imprescindible a presión política e social internacional para conseguir este fin. O Goberno de España (que este semestre asume a presidencia do Consello da UE) debe liderar no ámbito internacional, tanto na Unión Europea como perante as Nacións Unidas e outros foros internacionais, unha postura firme para garantir o respecto ao dereito internacional.

 Neste sentido, CCOO insta o Goberno español a que, no prazo máis breve posible, recoñeza o Estado palestino, facilitando as vías para unha solución negociada do conflito dentro da legalidade internacional. Así mesmo, demándalle á comunidade internacional que esixa o cumprimento das resolucións da ONU e medidas concretas para acabar coa ocupación de Palestina e a violación dos dereitos humanos na rexión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario