23 de out. de 2023

DEPORTES

ATLETISMO

Destacadas actuacións dos irmáns Sierpes Pereira, na apertura da tempada de Cros, no País Vasco  

ÁLEX SIERPES LOGRA UN SOBRESALIENTE, E CHRISTIAN SIERPES UN NOTABLE, NAS SÚAS INTERVENCIÓNS NO LXIX CROS INTERNACIONAL DE ZORTNOZA  


Christian Álex Sierpes Pereira no LXIX Cros Internacional de Zornotza, celebrado onte en Amorebieta

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Esta pasada fin de semana os atletas guardeses Álex e Christian Sierpes Pereira, da Sociedade Atlético do Trega (Tomiño), desprazáronse ata terras vascas, para disputar outra edición do famoso Cros Internacional de Amorebieta, como únicos representantes do club tomiñés.  

 Esa proba está englobada no calendario que compoñen as mellores citas de cros a nivel mundial, recoñecida pola World Athletics (Federación Internacional de Atletismo) onde a maioría son celebradas en chan español. 


Álex Sierpes Pereira nun momento da carreira 
Álex Sierpes no centro do podio


 O primeiro en competir, foi Álex, que sobre un percorrido de 2.700m, e dominando a proba de principio a fin, logrou un rexistro de 8´21", alzándose coa vitoria na categoría Sub16 masculina e acadando a medalla de ouro. Dese xeito, unha vez mais, escribiu o seu nome no cadro do amplo elenco do palmarés de atletas gañadores.  


Christian Sierpes Pereira en plena carreira 


 Ás 11:00h, tocoulle a quenda ao seu irmán maior Christian, cuxa actuación foi boa, xa que se trata dun atleta que milita por primeiro ano na categoría Sub18 masculina, onde a proba transcorreu conxunta cos Sub20, sobre un circuíto de 4.700m, ocupando, case toda a carreira, na cara dianteira da mesma, cedendo tan só no tramo final, conseguindo así un fantástico 6º posto na categoría, cun estupendo tempo de 15´56". 

 A seguinte parada será para esta próxima fin de semana, o Cros Internacional de Atapuerca (Burgos), onde lle acompañarán case toda a expedición do equipo Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario