21 de out. de 2023

DEPORTES

JUDO

Novos éxitos para o deporte guardés 

VERÓNICA PÉREZ, NOA GONZÁLEZ DA COSTA, E BRAIS PEREIRA AMORIN, LOGRAN OS RESPECTIVOS CAMPIONATOS GALEGOS ABSOLUTOS


Brais Pereira Amorín, Verónica Pérez Pacheco e Noa González Da Costa, cos seus respectivos trofeos logrados no Campionato de Galicia Absoluto de Judo
Foto: Cedida


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Este sábado 21 de outubro de 2023, celebrouse no Pavillón Municipal do Ensanche, da cidade de Ferrol, o Campionato Galego Senior de Judo, XXIII Trofeo Cidade de Ferrol.

 Deportistas do Club Deportivo Baixo Miño, de A Guarda participaron nese evento, logrando tres campionatos de Galicia absolutos. Os autores deses importantes éxitos deportivos son: Verónica Pérez Pacheco (-57 kg), Noa González Da Costa (-78 kg) e Brais Pereira Amorín (-90 kg).

 Asemade, Saúl Álvarez Ferreira, logrou un 7º posto.

 Eses destacados logros fixeron posible que o C. D. Baixo Miño, acadase o 2º posto da clasificación por clubes, dun total de 18 entidades participantes de toda Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario