O CONCELLO DE TOMIÑO MANTIVO UNHA VEINTENA DE REUNIÓNS COA VECIÑANZA SOBRE A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PARQUE AGRO INDUSTRIAL TRANSFRONTEIRIZO
• As persoas interesadas poden solicitar cita para resolver dúbidas ou achegar suxestións ao equipo técnico
• Toda a documentación está recollida na web municipal. O prazo de alegacións remata o vindeiro 25 de outubro
Infogauda / Tomiño
O equipo técnico do Concello de Tomiño mantivo ata o momento arredor dunha vintena de reunións coa veciñanza para resolver dúbidas e recoller suxestión acerca da modificación puntual número 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal tomiñés para o desenvolvemento do Parque Agro Industrial Transfronteirizo do Baixo Miño.
As persoas interesadas en consultar esta modificación puntual poden atopar a documentación completa no apartado de Urbanismo da web municipal. O prazo de exposición pública e de presentación de alegacións remata o vindeiro mércores 25 de outubro.
O Concello segue aberto a resolver todas as dúbidas que poida plantexar a modificación e a recoller as suxestións da veciñanza. Todas aquelas persoas que queiran realizar as súas consultas poden solicitar unha reunión co equipo técnico solicitando cita previa no Departamento de Urbanismo chamando ao teléfono 986 622 001.
Ningún comentario:
Publicar un comentario